miércoles, 1 de octubre de 2008

ILLA DE SANTORINI

é unha illa volcánica localizada no Mar Exeo, perto de 200 km ao sueste da cidade de Atenas, Grecia nas coordenadas aproximadas de 36.40° N e 25.40° E. Para alén da illa principal, Santorini ten nas as súas proximidades diversos illotes, formando un grupo case circular de illas, vestixio da grande erupción que esnaquizou a illa. O grupo de illas é tamén coñecido por Thira or Thera (Θηρα). Santorini sitúase no extremo sur do grupo das Cíclades, tendo unha área total de aproximadamente 73 km². En 2001 tiña unha poboación de 13.600 habitantes. A illa debe o seu nome a Santa Irene, nome polo cal os venecianos a denominaban. Era anteriormente coñecida por Kallisti, Strongili ou Thera, nome que aínda hoxe ostenta en grego.

Santorini é o volcán máis activo do denominado Arco Exeo, estando constituído por unha gran caldeira submersa, rodeada polos restos dos seus flancos. A forma actual da illa débese en gran parte á erupción que aproximadamente 3.500 anos atrás destrozou o seu territorio. Aquela erupción, de enorme proporcións, criou a actual caldeira e produciu depósitos piroclásticos con algunhas centenas de metros de espesura que recubriron todo o que restou da illa e aínda atinxiron grandes áreas do Exeo e dos territorios veciños.

O impacto daquela erupción fíxose sentir en todo o mundo, mais con particular intensidade na bacía do Mediterráneo. A erupción parece estar ligada ao colapso da Civilización Minoica, na illa de Creta, sita só 70 km ao sur.

No hay comentarios: